Un terremoto de 3,2 graos de magnitude sacode Barro e séntese desde o Baixo Miño até Ordes
O municipio de Barro (comarca de Pontevedra) rexistrou este domingo un terremoto de 3,2 graos de magnitude, segundo datos recollidos polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN).
O tremor foi notificado minutos despois das 01.25 horas e produciuse a 20 quilómetros de profundidade, o que motivou que o movemento sísmico se sentise e numerosas localidades da contorna, desde a comarca do Baixo Miño até a de Ordes.
O 112 Galiza explicou que sobre as 02.30 horas deste domingo un particular de Poio contactou cos xestores de emerxencias para pedir información polo sismo. Con todo, non se produciu ningunha situación de emerxencia nin de que ocasionase danos.
Segundo os rexistrado do Instituto Xeográfico Nacional o tremor tamén se sentiu en localidades das comarcas de Vigo, O Morrazo, O Condado, A Paradanta, Deza, O Barbanza, O Sar, Compostela ou Arzúa.