Terceiro día de mobilizacións no Hospital da Mariña ante a falta de persoal facultativo

Mobilización de persoal do Hospital da Mariña, esta sexta feira. (Foto: En Defensa dos Pacientes da Mariña)

Gómez Caamaño culpa os procesos de resolución da OPE da insuficiencia de médicas e médicos.

Médicas e médicos do Hospital Público da Mariña concentráronse esta sexta feira para denunciar a falta de persoal, xa que se atopan "baixo mínimos", e reclamar que se cubran vacantes para evitar traslados de pacientes a outros hospitais, principalmente o de Lugo, entre outras demandas.

Trátase do terceiro día de mobilizacións —impulsadas por persoal médico e secundadas por traballadoras e traballadores doutras categorías— nas que o persoal do hospital de Burela demanda "optimizar" os cadros de persoal con novas contratacións —cubrir vacantes e cumprir a cociente—.

Exixen tamén a disposición de recursos humanos e técnicos "atendendo a xustiza distributiva". Consideran que a dispoñibilidade de medios debe ser en función dos habitantes da área, "sen tratos de favor nin soldos diferentes entre os profesionais".

"Nun par de meses debería estar solucionado"

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, mostrou a súa "máxima vontade de diálogo" cos profesionais sanitarios que "mostran as súas queixas", despois de que esta semana protestasen no Hospital da Mariña denunciando falta de persoal e que, apuntou o representante autonómico, "non se consideran ben atendidos", algo no que discrepa.

En declaracións aos medios tras reunirse coa Valedora do Pobo esta sexta feira en Santiago, o titular de Sanidade, preguntado polas mobilizacións decorridas na Mariña, explicou que a xerencia falou con eles para ver as medidas que expoñen e "a viabilidade das mesmas".

En todo caso, manifestou que se atopan "nun proceso de resolución de OPES e concursos" e, cando se resolva, verán "como quedan as cousas". "Nun par de meses debería estar solucionado", puntualizou.

En canto á manifestación do domingo en Santiago de Compostela, Gómez Caamaño reiterou que respecta "todas as protestas", así como ás persoas "que acudan e queren defender a sanidade pública", pero insistiu en que non comparte os motivos.