Educación

O temario da ESO incorporarán a secuencia 'Feminismo é igualdade'

instituto
Os contidos analizan a discriminación de xénero

A secuencia de actividades "Feminismo é igualdade", publicada onte polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, aborda os problemas arredor da igualdade de xénero a través da comprensión crítica das raíces históricas e culturais da discriminación das mulleres.

Estas actividades, que contan cunha duración de 13 sesión elaboradas por docentes en activo, están incluídas na materia Educación en Valores Cívicos e Éticos en calquera curso da Educación Secundaria Obrigatoria, e están vinculadas con outras materias como Xeografía e Historia; Educación Plástica, Visual e Audiovisual; ou Lingua e Literatura Galega e Castelá. 

A finalidade desta proposta é permitir que o alumnado "toma conciencia das distintas formas de discriminación que sofren as mulleres en contextos locais e globais", así como construír "actitudes cotiás comprometidas coa igualdade de xénero e co rexeitamento á violencia de xénero", sinalaron desde o Ministerio.

Tamén busca que o estudantado comprenda os eixos fundamentais, históricos e temáticos sobre os que xira o feminismo, e que coñezan accións ligadas ao tecido asociativo e non gobernamental da sociedade civil na solución de conflitos culturais, políticos e relixiosos que afectan aos dereitos e liberdades das mulleres.

Aliás, inclúe os factores económicos, raciais e sociais que inciden no logro efectivo da igualdade de xénero e pón en valor o traballo realizado polas mulleres no ámbito da arte contemporánea.

A metodoloxía que deberá seguir o persoal docente ao realizar estas actividades serán as da aprendizaxe baseada no pensamento, en problemas e en proxectos interdisciplinares, así como e técnicas e dinámicas de grupo.