O Supremo pon o punto e final ao 'Caso Couso'

Couso

Confirma o sobresemento da causa 13 anos despois da morte do cámara galego en Bagdag por disparos de soldados estadounidenses.

O Tribunal Supremo confirma o sobresemento do 'Caso Couso' 13 anos despois da morte do cámara por disparos de soldados estadounidenses. O Supremo avala así a reforma da xurisdición universal que aprobou o goberno de Mariano Rajoy no seu momento e dá carpetazo a este caso, desestimando os recursos presentados pola familia Couso e a Asociación Libre de Avogados.

O TS, iso si, recoñece que foi un “ataque non xustificado por parte de forza armada á poboación civil” e cualifica de “lamentábel” a falla de colaboración por parte das autoridades de Estados Unidos.

O órgano xudicial indica que os tribunais españois carecen de xuridisción para “investigar e enxuizar delitos contra persoas en caso de conflito armado cometidos no estranxeiro agás que o procedemento sexa contra español ou cidadán estranxeiro que resida habitualmente en España e cuxa extradición fose denegada”.

O Tribunal Supremo negouse a levar a reforma da xustiza universal perante o Tribunal de Xustiza da UE ou perante o Constitucional, e ratifica a decisión da Audiencia Nacional de arquivar este caso “por falta de xurisdición”. Condea, aliás, á familia do cámara falecido a pagar os custos da demanda.