Supéranse os 20.000 casos activos de Covid na Galiza

Un sanitario protexido contra a Covid-19 no portal dun edificio (Foto: Europa Press)

Novo récord de hospitalizacións, 1.201 pacientes, dos que 170 están en coidados intensivos.

(En ampliación)

Galiza supera a barreira dos 20.000 casos de Covid-19 ao aumentar na última xornada en 713 casos. A extensión da pandemia deixa máis indicadores preocupantes, como a presión hospitalaria ou o aumento da taxa de positividade.

Segundo os datos da Consellaría de Sanidade hai hospitalizadas por coronavirus 1.201 persoas. Son 47 pacientes máis ca onte, xornada na que se superara o anterior ‘pico, na primeira vaga da Covid, vivida durante a primavera, na que chegou a haber 1.124 hospitalizados.

Deses 1.201 pacientes actualmente hospitalizados, 170 están en coidados intensivos (UCI), o que supón 9 máis ca onte.

A taxa de positividade volve subir e sitúase en 12,9% cando o que sinala OMS para ter controlada a pandemia é 5%. Tamén sube, e non pouco, a incidencia acumulada a 14 días: 716. Lembremos que Bruxelas aposta en ‘illar’ aquelas zonas que superen os 500 casos por cada 100.000 habitantes.