Suicídase no primeiro aniversario do seu despexo en Aríns

Carlos Midón quitouse a vida na segunda feira. Fora desafiuzado un ano atrás xunto coa súa familia após seren estafad@s por un usureiro francés.

 

Esta terza feira (22 de setembro) Stop-Desafiuzamentos Compostela emitiu un comunicado público no que informa do suicidio de Carlos Midón. A súa morte coincide co primeiro aniversario do seu despexo en Aríns onde moraba coa súa familia. 

María, Carlos foran estafad@s por un usureiro francés que lles emprestara o diñeiro para construíren a vivenda a cambio de ficar na mesma en réxime de aluguer. Após diversos impagos, por imposibilidade económica, do prestamista solicitou a orde de desafiuzamento que foi executada o 19 de setembro de 2014 entre un forte despregamento policial. 

Naquela altura, ducias de persoas tentaron de maneira solidaria que a familia de Carlos e María non ficasen na rúa. 

Desde a plataforma Stop-Desafiuzamentos Compostela, en conversa con Sermos Galiza, aseguran que se trata dun "crime do capitalismo". "A súa guerra económica contra as persoas de abaixo (non é unha crise) e as nefastas condicións psicolóxicas e vida ás que estamos sometidas a maioría social siga a levarse vidas por diante", sinalan. "Mentres o desemprego, a miseria, os desafiuzamentos...existan, haberá mortes. Os reponsables teñen nombre propio".