SOS Sanidade Pública convoca para esta cuarta feira até 25 actos en defensa da Atención Primaria

Manifestación convocada por SOS Sanidade Pública en Compostela o pasado 14 de novembro de 2021. (Foto: Arxina)
A plataforma salienta que “só a mobilización social, en alianza co persoal da sanidade pública, pode frear o deterioro da Atención Primaria”.

A plataforma SOS Sanidade Pública vén de convocar até 25 actos espallados por todos o país en defensa da Atención Primaria así como "todo o sistema sanitario público galego, ameazado polas políticas de recortes e demantelamento da Xunta da Galiza a Consellaría de Sanidade", segundo informou a plataforma.

"A poboación sofre importantes trabas e limitacións para acceder e ser atendida nos Centros de Saúde e Servizos de Pediatría de Atención Primaria", engaden desde a plataforma.

Para alén diso, desde SOS Sanidade Pública, alegan que a poboación debe "soportar listas de espera de días ou semanas e consultas masificadas; o fechamento de Puntos de Atencion Continuada (PAC) e centros de saúde rurais; a perda da promoción, prevención, promoción, rehabilitación  e atención ás enfermidades crónicas e o abandono da participación comunitaria".

Por iso SOS Sanidade Pública convoca á cidadanía a que demostre o seu rexeitamento ao desmantelamento do Sistema Sanitario Público e pide o seu apoio masivo á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) na cal propón que o Parlamento da Galiza debata e aprobe unha serie de medidas necesarias para pór en valor a nosa Atención Primaria.

A plataforma lembra que “só a mobilización social, en alianza co persoal da sanidade pública, pode frear o deterioro da Atención Primaria”.

As mobilzacións

As 25 mobilizacións convocadas pola plataforma nas vilas e cidades galegas son as seguintes:

 - A Coruña: 20 horas no Obelisco

 - Ferrol: 19 horas diante Ambulatorio Fontenla Maristani

 - A Mariña: 12 horas Centro Saúde de Burela

 -  Vigo: 19 horas fronte ao Marco, Rua do Príncipe

 - Pontevedra: 19 horas, cruce Benito Corbal con Sagasta

 - Santiago de Compostela: Praza Roxa as 20 horas

- Grove: 8 horas a 10 horas diante centro de Saúde; de 10 a 12 na rúa Castelao

- Sanxenxo: Centro Saúde Baltar de 8 a 11 e Centro de Saúde Vilalonga 12 a 14

- Ribadumia: Recollida sinaturas de 10 a 12 no Centro de Saúde

- Moaña: 12 horas fronte ao Centro de Saúde

- Ponteareas: Cacerolada as 19 horas na Praza Bugallal

 - A Guarda: 20 horas na Praza Avelino Vicente

- Val Miñor: 19 horas Alameda Ramallosa

- Cambados: 11 horas diante do Centro de Saúde

- Cerdedo: convocatoria popular e aberta, ás 19 horas

- Arbo: 19 horas, na Praza do Concello

- Vilagarcía: 19 horas diante Centro de Saúde de San Roque

- Cee: mesa de recollida de sinaturas Praza de Marzo de 10 até as 20 horas.

- A Rochela: Recollida a partir das 19 horas e colocación de candeas no Centro de Saúde

- Condado Paradanta:  Seis alcaldes da comarca exixen aplicación de medidas urxentes no seus Centros de Saúde: Ponteareas, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza e Salceda de Caselas

- Naron: recollida de sinaturas no centro de saúde, Rúa Camiño do Lodairo de 19.30 a 21 horas.

- Seixo: Recollida sinaturas diante do Centro de Saúde de Marín a partir das 11 horas

- A Garda: Concentración na praza Avelino Vicente ás 20 horas

- Acto artístico- reivindicativo da plataforma do Condado e a Paradanta (Covelo, Arbo, Cañiza, Ponteareas, As Neves, Salvaterra, Mondariz, Mondariz Balneario) as 19 horas na Praza Bugallal de Ponteareas.

- O Rosal: concentración as 20:00h. na Praza do Calvario.