Estas son as ducias de mobilizacións convocadas para o 8-M

Militantes do movimento feminista a festexar o 8-M nunha imaxe de arquivo (Nós Diario).

O movemento feminista galego e os sindicatos convocan para esta segunda feira, 8 de marzo, ducias de mobilizacións, descentralizadas, en espazos abertos e con medidas de seguridade, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora.

O feminismo galego, nucleado ao redor da plataforma Galegas8M, convocou os seguintes actos para a próxima segunda feira, baixo o lema "Sen coidados non hai vida. Mulleres en folga: esenciais, precarizadas e fartas!"

  • A Coruña: praza das Cigarreiras / Praza de María Pita, ás 17 horas
  • Oleiros: praza de Esther Pita, ás 19.30 horas
  • Ferrol: ponte nova, ás 19.30 horas
  • Ribeira: praza do Concello, ás 19 horas
  • Compostela: manifestación desde a praza 8 de Marzo, ás 18 horas, e treboadas pola cidade desde as 11.30 horas
  • Ponte Caldelas: alameda e praza da Fonte, ás 18 horas
  • Vilagarcía de Arousa: praza de Galiza, ás 20 horas
  • Vila de Cruces: praza do Concello, ás 12 horas
  • Lalín: desde o Qm 0, ás 12 horas
  • Vigo: praza dos Cabalos, ás 18 horas
  • Barreiros: praza do Concello, ás 20 horas
  • Burela: praza do Concello, ás 20 horas
  • Cervo: Casa da Cultura / IES Marqués de Sargadelos, ás 12 horas
  • Ribadeo: aparcadoiro da Avenida da Galiza-Concello, ás 12 horas
  • Foz: avenida da Mariña, ás 12 horas
  • Xove: centro cívico, ás 16.30 horas
  • Viveiro: xardíns, ás 17.30 horas
  • O Valadouro: praza de Santa María, ás 19 horas
  • Lugo: praza de Santa María / Horta do Seminario, ás 20 horas
  • Baamonde: praza de Baamonde, ás 20 horas
  • Vilalba: praza da Constitución, ás 12 horas
  • Cospeito: praza Maior de Muimenta, ás 17 horas
  • Xermade: praza do Concello, ás 10 horas
  • Ourense: cruce de Xoán XXIII-CHUO, ás 17 horas
  • Allariz: campo da Barreira-Praza do Concello, ás 18 horas
  • A Gudiña: diante do Concello, ás 12 horas
  • Vilaboa: marcha en bicicleta desde a residencia de maiores ás 16 horas e concentración en Riomaior ás 19 horas
  • As Pontes: diante do concello, ás 12 horas
  • Monforte: praza da Compaña, ás 20 horas
  • Chantada: praza de Santa Ana, ás 19 horas
  • Catoira: diante do Concello, ás 20 horas
  • Boiro: diante do Concello, ás 20 horas
  • Noia: diante do Concello, ás 19 horas
  • Fisterra: praza 8 de Marzo, ás 20 horas

Tamén organiza mobilizacións a CIG, sindicato que convocou un folga de 24 horas de mulleres para a xornada da segunda feira e que se suma aos actos convocados por Galegas8M.

  • A Coruña: Marcha 1, con saída da Torre de Hércules ás 11.30 horas / Marcha 2, con saída da Casa do Mar, ás 11.15 horas / Marcha 3 con saída da praza de Vigo ás 11.30 horas e Concentración na praza de Pontevedra ás 12 horas.
  • Carballo: saída do local da CIG ás 11.30 horas e concentración na praza do Concello ás 12 horas.
  • Cee: concentración na praza 8 de Marzo ás 12 horas
  • Ferrol: local da CIG ás 11 horas e concentración na praza de Armas ás 12 horas
  • As Pontes: praza do Concello ás 12 horas
  • Compostela: Concentración 1 no centro comercial As Cancelas ás 11 horas / Concentración 2 na Xunta da Galiza ás 11 horas / Concentración 3 na praza da Galiza ás 11 horas / Concentración 4 no CHUS ás 11 horas
  • Ribeira: praza da Porta do Sol ás 12 horas
  • Pontevedra: Marcha 1 saída desde a praza do Hospital ás 11.15 horas / Marcha 2 saída do peirao das Corvaceiras ás 11.15 horas e concentración na praza da Ferraría ás 11.15
  • Vilagarcía: Marcha 1 desde a avenida de Cambados ás 12 horas / Marcha 2 desde a rotonda Ramal ás 12 horas e concentración na praza da Galiza ás 12 horas
  • O Grove: Saída de Rons ás 12 horas e concentración na praza do Corgo ás 12.30 horas
  • Cambados: praza do concello ás 12.30 horas
  • Lalín: praza da Torre ás 12 horas
  • A Estrada: manifestación con saída da praza do Mercado ás 12 horas
  • Bueu: diante do concello ás 12 horas
  • Cangas: diante do concello ás 12 horas
  • Moaña: diante do concello ás 12 horas
  • Vigo: cruce de Gran Vía con Urzáiz ás 12 horas
  • Redondela: concentración na rotonda do Mercadona ás 12 horas
  • O Porriño: concentración na rotonda das Angustias ás 12 horas
  • A Guarda: concentración na praza da Guía ás 12 horas
  • Burela: concentración diante do Hospital ás 12 horas
  • Lugo: concentración na Ronda da Muralla, diante do edificio multiusos da Xunta ás 12 horas
  • Ourense: manifestación con saída desde a Avenida de Pontevedra ás 11 horas
  • Verín: concentración na praza do Concello ás 12 horas

Ademais, convocou folga de mulleres de 24 horas a CUT, que chama a participar nas concentracións de Galegas8M.

CCOO e UXT, que optaron por non convocar greve, organiza baixo o lema "Por que non somos iguais?" concentracións ás 12 horas do 8 de marzo nas súas sedes da Coruña, Ferrol, Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Tamén hai convocatorias como a do Concello da Pobra, cunha caravana feminista. O circuíto iniciarase ás 20:00 horas no paseo dos Areos para continuar pola rúa da Ponte, rúa Gasset, rúa da Paz, rúa Díaz de Rábago e rúa Anxo Rey Ballesteros