A solidariedade galega co pobo palestino –asediado polo Estado de Israel desde o 7 de outubro no que se converteu xa nun xenocidio–, non cesa. Logo de case cinco meses de accións coordenadas, as rúas de perto de 30 vilas e cidades da Galiza volverán esta quinta feira, día 21, cumprir coa súa "promesa" de continuar premendo "a quen nos goberna por accións concretas que poñan fin ao terror" na faixa de Gaza.
Mar de Lumes, BDS-Galiza, Galiza por Palestina e a Asociación Galaico-árabe Jenin chamaron de novo a se manifestar contra o xenocidio do pobo palestino a mans do Estado sionista de Israel. "É unha constante de solidariedade e de reclamacións. Cada semana a rede de apoio é máis ampla", afirmaba a semana pasada a Nós Diario Ángela Gippini, voceira do colectivo Galiza por Palestina.
Desde a primeira convocatoria no mes de outubro, a Galiza suma xa máis de 200 mobilizacións. "Valoramos moi positivamente que despois de tantas semanas, lonxe de restar ou de perder folgos, hai xente nova que sae á rúa e se suma ás nosas reivindicacións; plataformas e entidades locais que piden máis accións políticas. De feito, este mes de marzo o fío de actividades por Palestina está a crecer e chega a numerosas localidades".
Horas e lugares
Baixo o lema ‘Stop Xenocidio. Palestina vencerá!’, acollerán mobilizacións en solidariedade co pobo palestino as seguintes localidades:
A Coruña. 20 horas. Obelisco
A Guarda (O Baixo Miño). 20 horas. Praza Avelino Vicente
Allariz (comarca de Allariz-Maceda). 20 horas. A Barreira
Betanzos (As Mariñas). 20 horas. Cantón de Claudio Pita
Cangas (O Morrazo). 20 horas. Praza do Concello
Carballo (Bergantiños). 20 horas. Praza do Concello
Cee (comarca de Fisterra). 20 horas. Praza 8 de marzo
Compostela. 20 horas. Praza do Toural
Ferrol. 20 horas. Praza do Concello
Foz (A Mariña). 20 horas. Diante do Concello
Lalín (O Deza). 21 horas. Praza da Igrexa.
Lugo. 20 horas. Diante do Concello
Melide (Terra de Melide). 20 horas. Praza do Concello
Monforte (Terra de Lemos). 20.30 horas. Praza de España
Noia (comarca homónima). 20 horas. Diante do Concello
O Barco (Valdeorras). 20 horas. Praza do Concello
O Carballiño (comarca homónima). 20 horas. Praza Maior
Ourense. 20 horas. Subdelegación de Defensa
Ponteareas (O Condado). 20 horas. Diante do Concello
Pontedeume (Eume). 20 horas. Praza do Concello
Pontevedra. 20 horas. Praza da Peregrina
Ribeira (O Barbanza). 20 horas. Praza de Pablo Neruda
Val Miñor. 20 horas. Cruce da Ramallosa
Verín (comarca homónima). 20 horas. Praza do Concello
Vigo. 20 horas. Farola de Urzáiz
Vilagarcía (O Salnés). 20 horas. Praza da Galiza
Vilalba (A Terra Chá). 20 horas. Praza da Constitución
Viveiro (A Mariña). 20 horas. Praza Maior