A solidariedade con Palestina non cesa: 30 localidades galegas acollen hoxe mobilizacións contra o masacre en Gaza

Concentración en Lugo, nunha imaxe de arquivo (Foto: Lugo por Palestina).

Os actos decorrerán baixo o lema ‘Stop Xenocidio, Palestina vencerá!’. Aquí tes lugar e hora das concnetracións desta segunda feira

Unha semana máis centos de persoas sairán esta segunda feira ás rúas de cidades e vilas da Galiza para mostrar a súa solidariedade para co pobo palestino e denunciar “o xenocidio” de Israel sobre Gaza, onde mataron máis de 27.000 persoas.

‘Stop Xenocidio, Palestina vencerá!’ é a palabra de orde das mobilizacións convocadas por Mar de Lumes, BDS-Galiza, Galiza por Palestina e a Asociación Jenin. Estes catro colectivos levan desde o inicio da actual agresión israelí a Gaza mobilizando a sociedade galega a través de manifestacións nacionais, mobilizacións comarcais, palestras, etc...

Óscar Valadares, voceiro da organización internacionalista galega Mar de Lumes, afirmaba a Nós Diario nunha entrevista recente, a inicios de xaneiro, que “na Galiza existe unha sensibilidade internacionalista importante. O noso pobo identifica ben os conflitos no mundo e ten demostrado saber situarse do lado das vítimas, e non cos agresores. No caso da Palestina, e malia toda a propaganda, a liña é clara e a resposta masiva. Non hai moitos conflitos capaces de concitar máis de 200 convocatorias en pouco máis de dous meses. E iso explícase pola gravidade desta fase en forma de xenocidio”

Hora e lugar:

A Coruña, Obelisco, 20 horas
A Estrada, praza do Concello, 20:30 horas
A Guarda, praza Avelino Vicente, 20 horas
Allariz, A Barreira, 20 horas
Betanzos, cantón de Claudino, 20 horas
Cee, praza 8 de marzo, 20 opras
Carballo, praza do Concello, 20 horas
Compostela, praza do Toural, 20 horas
Ferrol, praza do Concello, 20 horas
Foz, diante do Concello, 20 horas
Friol, na estatua da Muller Labrega, 20 horas
Lugo, diante do Concello, 20:30 horas
Monforte, praza de España, 20:30 horas
Noia, diante do Concello, 20:30 horas
O Carballiño, praza Maior, 20 horas
Ourense, subdelegación de Defensa, 20 horas
Ponteareas, diante do Concello, 20 horas
Pontedeume, praza do Concello, 20 horas
Pontevedra, praza da Peregrina, 20 horas
Porriño, praza do concello, 20 horas
Redondela, praza do Concello, 20 horas
Ribeira, praza do Concello, 20 horas
Ribadavia, praza do Concello, 20 horas
Silleda, praza Siñor Afranio, 20:30 horas
Val Miñor, cruce da Ramallosa, 20 horas
Vigo, A Farola, 20 horas
Vilagarcía, praza de Galiza, 20 horas
Viveiro, praza Maior, 20 horas
Vilalba, praza da Constitución, 20:30 horas
Vilar de Barrio, praza do Toural, 19:30 horas