Solidariedade dos centros sociais galegos co Escárnio e denuncia da persecución “policial e mediática”

Imaxe do tapiado dos accesos ao CSOA Escarnio

Centros de 10 cidades e vilas de Galiza asinan un comunicado no que defenden a necesidade de defender e crear espazos “para a cultura contra-hegemónica e ao serviço do povo galego”.

Quince centros sociais de diferentes cidades e vilas de Galiza asinan un comunicado de cinco puntos no que amosan a súa solidariedade “incondicional” para co CSOA Escárnio e Maldizer de Compostela, desaloxado esta semana, e critican a actuación policial. Estes CS sinalan que no traballo partillado co Escárnio en diferentes iniciativas evidenciouse o seu compromiso “com a construçom de alternativas ao embrutecimento e mercantilizaçom cultural dominantes”.

 

O Escárnio, indican, é “vítima das forças repressivas” para recuperar “um espaço privado abandonado polos proprietários e que foi reconvertido num bem público”. Denuncian non só o “despejo violento do edifício”, mais tamén as cargas policiais, coas súas consecuencias de “fermimentos a várias pessoas e a detençom e acusaçom arbitrária de um vizinho”.

 

Estes 15 centros sociais galegos condenan a “perseguiçom policial e mediática” que existe contra aqueles proxectos e iniciativas que se crean e medran sen poder ser controlados “pola institucionalidade burguesa”. Así, critican o papel de medios de comunicación privados e públicos a unha “burda criminalizaçom” e “desprestígio”. Un papel que evidencia, indican no comunicado, a necesidade da auto-organización “ em cada ámbito de luita social e de construçom nacional”.

 

Por último, os colectivos asinantes reiteran o seu compromiso en fortalecer e crerar “espaços que permitam avançar na galeguizaçom e desmercantilizaçom da nossa cultura, em coordenaçom permanente com outras entidades comprometidas com idênticos objetivos nos mais diversos ámbitos: laboral, político, feminista, comunicativo, ambiental, etc”.

 

Asinan

 

Ateneo Libertário A Engranaxe (Lugo)

Centro Social A Comuna (Corunha)

Centro Social A Galleira (Ourense)

Centro Social A Gentalha do Pichel (Compostela)

Centro Social A Revolta (Vigo)

Centro Social Fuscalho (A Guarda)

Centro Social Gomes Gaioso (Corunha)

Centro Social Madia Leva (Lugo)

Centro Social O Fresco (Ponte Areias)

Centro Social Xebra (Burela)

Centro Social Autoxestionado do Sar (Compostela)

Centro Social Ocupado A Insumisa (Corunha)

Coletivo Terra (Pontedeume)

Fundaçom Artábria (Ferrol)

Local Social Faisca (Vigo)