Social

Solicitan o rexistro de "coronavirus" como marca comercial

coronavirus (Europa Press)
Tres españois solicitan o rexistro do termo coronavirus como marca comercial coa intención de empregalo en toda a Unión Europea.

Tres españois solicitan o rexistro do termo coronavirus como marca comercial coa intención de empregalo en toda a Unión Europea nunha variedade de produtos de alimentación e bebidas. 

A petición diante da Oficina da Propiedade Intelectual da UE, con sede en Alacante, é un avogado de Asturias e os seus dous socios pertencen a outros territorios do Estado. 

Non se coñecen as intencións comerciais deste grupo de españois que formalizou a súa solicitude anticipándose ao anuncio do estado de alarma realizado polo Goberno de Pedro Sánchez. 

Entre as súas posíbeis intencións, polo tipo de petición, figura empregar esta marca en cervexas, viños, sidras, licores de alta gradación e bebidas espirituosas. Así como en refrescos e bebidas enerxéticas.

Mais tamén poderían empregala en cereais, froitas, verduras, hortalizas, legumes e preparacións de hixiene como toallitas impregnadas de locións cosméticas ou desodorizantes.