"Socialmente iguais, humanamente diferentes, totalmente libres"

O Observatorio da Mariña pola Igualdade e a Asociación Xebra lanzan un vídeo para denunciar arecuperación da raíña das festas de Burela. 

 

O Observatorio da Mariña pola Igualdade e a Asociación Xebra lanzan un vídeo para denunciar a recuperación da raíña das festas de Burela

"Cal se supón que o papel que desempeñan?", "Cal é o motivo da súa elección?" "Que representan?". Son as preguntas que lanzan á veciñanza burelá para, deseguido, denunciar que a finalidade destes actos constitúe unha "estética anacrónica" que reduce as mulleres a seren "un obxecto decorativo" que teima nunha "imaxe estereotipada da muller". 

Ambos os dous colectivos animan a veciñanza da localidade mariña a se cuestionar a existencia deste evento e instan a abandonar o seu desenvolvemento en aras da "igualdade entre as persoas".

"A escolla de raíñas e damas é un acto sexista", sinalan. "É o noso deber ofrecer" ás crianzas "unha educación en valores igualitarios".

No vídeo, desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade e a Asociación Xebra lembran que non se trata de cuestionar a elección individual das candidatas senón "un acto público con proxección social que segue a perpetuarse en estereotipos profundamente machistas"