Soben a 108 os casos positivos na Galiza polo macrosurto en Balears, á espera do cribado de Lavacolla

A totalidade das 86 mozas e mozos que chegaron esta terza feira, 29 de xuño, ao aeroporto compostelán de Lavacolla procedentes de Mallorca accederon a participar no cribado posto en marcha por Sanidade para detectar posíbeis casos de Covid vinculados ao macrosurto orixinado en festas e actividades de lecer na illa, e que afecta 108 galegas e galegos e varios centos no Estado español.

Chegada de estudantes procedentes de Mallorca ao aeroporto compostelán de Lavacolla (Foto: Europa Press)
photo_camera Chegada de estudantes procedentes de Mallorca ao aeroporto compostelán de Lavacolla (Foto: Europa Press)
Comentarios