Este é o único concello da Galiza que rexistra máis nacementos que defuncións
O Instituto Galego de Estatística publicou esta sexta feira os datos correspondentes aos fenómenos demográficos na Galiza.
O Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de facer públicos os datos correspondentes aos fenómenos demográficos –nacementos, defuncións e matrimonios— producidos na Galiza en 2024, último ano con datos consolidados.
Os rexistros confirman que en 2024 Galiza rexistrou no seu conxunto un saldo vexetativo negativo. O número de defuncións no país foi de 32.749 no ano 2024, 33 menos que en 2023. Un saldo vexetativo negativo indica que se produciron máis defuncións que nacementos. Como resultado da diminución dos nacementos no último ano, o saldo vexetativo na Galiza pasa de 18.778, no ano 2023, a 19.399 en 2024. Con respecto a este último ano, as sete grandes cidades galegas presentan un saldo vexetativo negativo. De feito, dos 313 concellos galegos, só Ames (comarca de Compostela) presenta un saldo vexetativo positivo.
Aliás, en 2024, rexistráronse na Galiza 32.749 defuncións. 52,87% das defuncións corresponden a persoas de 85 e máis anos. A análise da distribución das defuncións en cada un dos sexos permite comprobar que nas mulleres as defuncións prodúcense a idades máis avanzadas que no caso dos homes. Porén, a meirande parte das defuncións prodúcense en idades cada vez máis tardías: 55,20% dos homes que faleceron tiñan 80 e máis anos e, no caso das mulleres, a porcentaxe dese grupo de idade era de 77,29%.
Neste senso, en houbo 13.350 nacementos en todo o país, 4,67% menos que en 2023. 78,46% dos nacementos de 2024 corresponden a nais con residencia no oeste do territorio galego.
Os datos dos nacementos segundo a idade da nai constatan o retraso na idade á que as mulleres galegas teñen crianzas. Así, no ano 2024, os nacementos de nais de 40 e máis anos representan 14,12% do total de nacementos, fronte a 8,97% do ano 2014.