O Sindicato Labrego Galego esixe que a Xunta cense os xabaríns

Xabarín. Foto: cedida.

O Sindicato Labrego Galego quere que a Xunta cense os xabaríns. Así o explicou a súa secretaria xeral, Isabel Vilalba, que alertou das “poboacións cada vez máis grandes” deste animal en lugares onde antes apenas había.
 

“Vemos como cada vez son máis grupos numerosos. A percepción que temos é dun descontrol absoluto”, engadiu Vilalba. A central sindical critica que o Goberno galego -a súa Consellaría de Medio Ambiente, dirixida por Ángeles Vázquez- pida ás organizacións agrarias os datos sobre o xabarín cando, ao seu ver, é “unha competencia da Xunta”.

 

Vilalba avisou de que algúns labregos xa non plantan millo a causa dos danos producidos polo animal. “Tamén está levantando prados e actuando contra outro tipo de cultivos”, dixo, e considerou “imprescindíbeis as axudas que agora publica a Xunta para facer fronte a esta situación” e que lavaba dous anos sen convocar.