Sétima vítima mortal, segunda no día, do coronavirus na Galiza

(Europa Press)

Un home de 70 anos de idade que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e que tiña varias patoloxías previas é a sétima vítima mortal con coronavirus que rexistra Galiza.

Trátase da segunda vítima mortal relacionada co COVID-19 que rexistra Galiza na xornada desta sexta feira, despois de que á primeira hora as autoridades sanitarias informasen da morte dun home de 89 anos de idade que estaba ingresado no Hospital de Monforte e que presentaba múltiples patoloxías complexas previas. Era veciño de Chantada e recibira recentemente unha visita dunha achegada de Madrid, que deu positivo ao virus tamén.

Segundo informaron as autoridades sanitarias, este paciente presentaba múltiples patoloxías complexas previas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus na Galiza ascende a 567, deles 152 son da área da Coruña, 46 da de Lugo, 63 da de Ourense, 83 da de Pontevedra, 108 da área de Vigo, 94 da de Santiago, e 21 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 19 permanecen en UCI, 137 están en unidades de hospitalización e 411 no domicilio. Polo de agora, en Galzia rexistráronse 5 altas de pacientes e 7 falecementos.