Sermos convértese no primeiro diario dixital galego en alcanzar os 25 mil gústames en Facebook

Sermos consolida o seu liderado nas redes sociais. Entre Facebook e Twitter, este diario dixital ten xa 45.084 persoas seguidoras.

Esta fin de semana o perfil Facebook de Sermos ultrapasou os 25.000 gústames -neste momento alcanza os 25.011- o que o torna no líder nesta rede social entre os diarios dixitais galegos que non son reprodución dunha publicación impresa.

 

Acompañan Sermos nas redes un total de 45.084 persoas, as 25.011 de Facebook e as 20.073 de Twitter. O segundo dixital galego en audiencia nas RR.SS. é Galicia Confidencial, con 41.349 seguidoras (20.778 en Facebook e 20.571 en Twitter), en tanto que o terceiro é Praza Pública, con 39.216 (22.274 en Twitter e 16.942 en Facebook).

 

Estas cifras acompañan o récord de audiencia obtido por Sermos no pasado mes de outubro, cando este diario dixital superou por vez primeira o patamar das 100.000 usuarias únicas até rexistar un total de 140.600.