O semanario Sermos Galiza volve aos quiosques o 5 de abril

Un aspecto da redacción de Sermos Galiza. Xaneiro de 2018

Esta semana non sae á rúa por descanso do persoal. Voltará o 5 de abril co número 290.

O semanario Sermos Galiza non se publica esta semana por descanso do persoal nestas datas de ferias. Voltará aos quiosques e ás casas a próxima quinta feira, 5 de abril, co número 290, con reportaxes sobre lingua, inclusión, emprego precario ou medio ambiente, entre un amplo abano de temáticas que acubillan as súas 40 páxinas a cor, entre as que se atopa o caderno monográfico A FONDO.

 

Aínda podes ler o Sermos Galiza 289 na loxa.