A semana principia cunha leve suba en casos activos e unha baixada de novos contaxios a 24

(Foto: Arxina).
Os pacientes hospitalizados pola Covid mantéñense en 25.

Galiza principia esta semana, após a primeira fin de semana fóra de emerxencia sanitaria -estado que abandonou a pasada sexta feria-, cun lixeiro aumento dos casos activos de Covid-19, que se sitúan en 419, e un descenso dos novos  contagios a 24 -dez meno--, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus mantéñense en 25. 

Segundo os datos publicadosesta segunda feira pola Consellaría de  Sanidade con rexistros ata as 18 horas deste domingo, continúan sete persoas ingresadas en UCI e noutras unidades convencionais permanecen 18 hospitalizados, mentres que 394 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase na da Coruña e Cee, onde seguen tres pacientes Covid en UCI, mais baixan a catro os ingresados noutras unidades -un menos-; e soamente aumenta na de Ourense, que continúa sen críticos e rexistra tres ingresados en planta -uno máis-. Nas outras cinco áreas sanitarias non hai cambios con respecto á xornada pasada.

Así, a de Vigo mantense sen pacientes Covid en UCI e con seis noutras unidades; a de Santiago e Barbanza segue sen críticos e con tres en planta; e a de Ferrol, con dúas en unidades convencionais. Pola súa banda, na área de Lugo hai tres pacientes  Covid en UCI e ningún noutras unidades; e na de Pontevedra e O Salnés hai un en críticos e segue sen ingresados en planta por este coronavirus.

Casos activos e contaxios

Esta semana comeza cun lixeiro aumento dos casos activos até os 419, que supoñen catro máis que a xornada anterior, ao haber máis  contaxios (24) que altas (20), polo que Galiza encadea dúas xornadas consecutivas de incremento.

En concreto, as infeccións activas aumentan en catro das sete áreas sanitarias: Vigo (+6), Lugo (+6), Pontevedra e O Salnés (+2) e Ourense (+1), mantéñense sen cambios en Ferrol e descenden nas de Santiago e Barbanza (-7) e A Coruña e Cee (-4).

Tras superar a trintena a xornada do domingo, esta semana iníciase cun descenso dos novos contaxios até os 24, que supoñen 10 menos que os 34 do domingo e un par por baixo dos 26 do sábado. O pasado 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galiza entrou en niveis de 'nova normalidade'.

En canto á taxa de positividade das probas  PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test- comeza a semana cun 1,06% tras concluír a fin de semanaen 1,61%. Por iso, continúa por baixo do 5% que a OMS fixa como limiar para considerar controlada a pandemia.

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o comezo desta pandemia na Galiza mantéñense en 2.649, ao non notificar  Sanidade de novo novos  óbitos este domingo.