Axentes da Policía Local procederon esta quinta feira á detención en Vigo dun home en relación co asasinato da súa compañeira, de 71 anos de idade. O corpo da muller foi atopado no patio dun edificio da Rúa Carriza, no barrio do Calvario. Un veciño alertou a Policía sobre as 4:30 horas da madrugada de que escoitaba berros. Ao chegar, os axentes atoparon a muller asasinada no patio interior do edificio, aínda viva, mais faleceu cando era asistida por persoal sanitario.
O piso presentaba sinais de que houber un “episodio de violencia”, segundo a Policía, polo que procederon a deter á parella da asasinada, un home de 62 anos de idade.
É o segundo asasinato machista en Galiza en apenas unha semana e o sexto no que vai de 2015.