A Xunta "comeza 2021 co desmantelamento do principal programa de contratación do sistema galego de ciencia", denuncian desde o InvestiGal ante a última convocatoria de contratos posdoutorais do Goberno galego. O colectivo de investigadoras e investigadores alerta de que as modificacións nesta convocatoria respecto a anteriores limitan o acceso das persoas solicitantes, saltándose a convocatoria de 2020".
Nun comunicado, InvestiGal sostén que se reduce o salario en máis de 6.000 euros anuais e tamén minguan as horas de docencia por ano que poden ser impartidas.
Defenden que as os investigadores constitúen un persoal altamente formado o que deriva nunha alta produtividade e xera coñecemento de alto valor engadido
"Isto constitúe unha nova ofensa por parte da Xunta da Galiza cara ao desmantelamento gradual do principal programa de recursos humanos para a captación e formación de investigadores e investigadores posdoutorais da Galiza”, engaden desde o colectivo.
Respecto diso, defenden que as os investigadores do sistema de I+D+i "constitúen un persoal altamente formado o que deriva nunha alta produtividade e que xera coñecemento de alto valor engadido e un importante retorno económico e social". Por outra banda, inciden en que desde este grupo propuxeron "unha reforma estrutural do programa".
"Lonxe disto, o programa dirixido pola Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria introduce unha serie de cambios na convocatoria de axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral que son lesivos para as e os solicitantes con respecto ás convocatorias anteriores".
Desde InvestiGal rexeitan a última convocatoria de axudas predoutorais e posdoutorais publicadas esta semana pola Xunta e apelan a "reconducir" esta situación, ao considerar que existe marxe antes da súa publicación definitiva no Diario Oficial da Galiza (DOG).