O secretario xeral do PPdeG: “A greve de mulleres é o máis machista que se pode facer”

Miguel Tellado PP

Miguel Tellado afirma que o paro cae nunha “guerra de sexos”

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, decidiu este sábado ir un paso máis aló do que o propio argumentario do Partido Popular dispón para os seus cargos e militantes opinar sobre a greve do 8 de marzo. Tellado afirma que “a greve de mulleres é o máis machista que se pode facer". Unha volta de porca aos cualificativos de insolidaria” e “elitista” que figuran no argumentario.

 

Tellado afirma que realizar chamar a facer paros exclusivamente ás mulleres é "desviarse" da loita pola igualdade entre sexos. Insistiu en que a greve "non é a medida" acaída para combater a desigualdade porque vai a "unha guerra de sexos".

 

Anunciou o PPdeG organizará un acto na Coruña o 8 de marzo con motivo do Día da Muller Traballadora. "Non estamos dispostos a que nos dean leccións formacións que se enchen a boca con eslóganes e cando estiveron nas institucións non fixeron nada".