O PP considera a greve do 8 de marzo “insolidaria” e “elitista”

Manifestación feminista

A convocatoria pretende “rachar” co modelo de sociedade occidental, afirman os populares nun argumentario.

O PP considera que a greve convocada para o 8 de marzo don motivo do Día internacional da muller é “insolidaria” e “elitista” e que mesmo “aposta no enfrontamento entre homes e mulleres”. Nun argumentario realizado para xustificar a súa negativa a apoiar o paro, o Partido Popular indica que “a igualdade non é algo de mulleres” senón “un asunto de todos” e cre que a “igualdade real só se acadará cando se chegue ao “equilibrio”.

 

E que entende o PP por “equilibrio”? que os homes ocupen ámbitos nos que antes so había mulleres e viceversa. Para o patido de Mariano Rajoy a convocatoria é “elitista” pois, afirma, só poden facer greve “aquelas persoas que teñan un emprego”, e tamén é “insolidaria” pois non a poden facer as autónomas, din, que teñan un emprego pu aquelas que coidan as súas persoas maiores.

 

No argumentario os populares pregúntanse como pode a presidenta andaluza, Susana Díaz, apoiar a greve canda nese territorio a taxa de desemprego feminino está entre as máis altas no Estado español. Consideran, incluso, que a greve pretende “rachar” co modelo de sociedade occidental, que permitiu que no Estado español, din, traballen máis mulleres ca nunca.