Sans e salvos os tres mariñeiros desaparecidos en Carnota

Imaxe de arquivo dun barco pesqueiro na costa de Carnota. (Foto: Europa Press)
Durante a tarde do sábado os servizos de Salvamento Marítimo buscaron tres mariñeiros desaparecidos logo de saíren a faenar na costa de Carnota. Os traballadores botaron máis de 24 horas sen dar noticias, o que alertou as familias, e finalmente foron rescatados en bo estado de saúde.

Atopan en bo estado de saúde os tres mariñeiros desaparecidos na pasada sexta feira nas costas de Carnota. As axencias informan que os traballadores foron rescatados arredor das 21 horas do sábado.

Segundo o 112 Galiza, a planadora na que faenaban os tres mariñeiros atopárona os servizos de emerxencia, alertados polos familiares dos desaparecidos arredor das 15.00 horas.

Os mariñeiros saíran ao mar, desde O Pindo, unhas 24 horas antes e desde entón non se sabía nada deles, a familia sabía que pensaban pasar a noite no mar máis ao mediodía do sábado aínda non sabían nada deles.

Foi así o 112 quen lle pasou o aviso ao Servizo de Gardacostas de Galiza, aos membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Muros, a Protección civil de de Carnota, Dumbría, Cee e Corcubión.

 Na busca dos tres mariñeiros tamén se integraron a Garda Civil, a Policía local de Carnota e mais un grupo da Cruz Vermella.

Neste operativo de rescate, despregado por terra, mar e aire e coordinado por Salvamento Marítimo participaron tamén a salvamar Régulus, o helicóptero Helimer 401 e o avión Sasemar 101.