Entre 31 de decembro e 18 de xaneiro

Fechamento da hostalaría e restauración desde as 00 horas entre o 30 de decembro e 18 de xaneiro agás sextas e sábados

Mocidade nunha rúa de Sanxenxo após a reapertura do lecer nocturno, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
Tamén se pedirá autorización para o que o conselleiro chama un "un toque de non recoller" entre as 2 e as 6 da mañáSó se poderá ir pola rúa sós ou con persoas da mesma unidade familiar.

O conselleiro de Sanidade, García Comesaña, adiantou esta terza feira as medidas a adoptar propostas polo comité clínico para "atallar" os contaxios de coronaviorusm medidas da noite do 31 de decembro até 18 de xaneiro. Cal son estas medidas?:

- Peche da hostalaría e restauración ás 00:00 horas entre 30 de decembro e 18 de xaneiro e agás sextas feiras e sábados, que o peche sería ás 1.00 horas. 

- O lecer nocturno pechará ás 2.00 horas

A hostalaría, na que queda prohibido o consumo en barra, poderá abrir até a 1 da madrugada as sextas feira e sábados, mais durante a semana ten que pechar a medianoite. O certificado covid esténdese a toda a xornada -até o de agora era só necesaria a partir das 21 horas nos bares-.

- Na hostalería segue en vigor a limitación de 8 comensais en interior e 10 en exterior.

- Tamén se pedirá autorización para o que o conselleiro chama un "un toque de non recoller" entre as 2 e as 6 da mañá. Só se poderá transitar pola rúa sós ou con persoas da mesma unidade familiar.

- Aínda está pendente de abordar a noite de Fin de Ano, e a Consellaría baralla permitir un rango até as 3 ou o peche definitivo, se o sector considérao "inviable".

- Todas as medidas adoptadas estarán vixentes entre o 31 -a noite do 30 ao 31- de decembro ata o 18 de xaneiro.

- Límites aos eventos musicais masivos, que en todo caso non poderán celebrarse de pé. As cabalgatas recoméndanse en formato estático e non dinámico.

"Incremento explosivo"

O conselleiro fala de "incremento explosivo" de casos na Galiza e se ben, apunta, a presión hospitalaria non é preocupante si que recoñece que en Atención Primaria a situación está sendo complicada

Catro días despois de Noiteboa, Galiza atinxiu un novo récord de contaxios por coronavirus nunha xornada ao rexistrar outros 3.468 positivos, que son un milleiro máis que os notificados a segunda feira.

O presidente da Xunta, Núñez Feixoo, declinara esta segunda feira concretar que medidas sairán do comité clínico, mais avanzaba pasos "proporcionais e proporcionados" encamiñados a reducir as interaccións sociais en fin de ano co obxectivo de manter "baixo control" a presión hospitalaria e "protexer saúde e economía" fronte á evolución da pandemia.

Feixoo desbotaba o pasado 22 de decembro, restricións e recomendaba limitar a dúas familias as reunións de Nadal. A Xunta evitaba daquela estabelecer de maneira oficial restricións para as festas malia o nivel de contaxios da Covid-19, mais apela á responsabilidade persoal da cidadanía.

"Cantas menos persoas se reúnan a comer mellor. Se pode ser unha ou dous, mellor que tres ou ou catro ou seguintes", destacaba, após participar nun encontro de presidentes dos distintos territorios co seu homólogo no Executivo do Estado español, Pedro Sánchez, no que solicitou recuperar a obrigatoriedade do uso das máscaras en exteriores.