Sanidade retirará a obrigatoriedade do uso da máscara en interiores a partir do 19 de abril

O uso da máscara en exteriores deixou de ser obriogatorio con carácter xeral a primeiros de febreiro.
Varios territorios urxían esta decisión ao considerar que o mantemento obrigatorio das máscaras en interiores é ineficaz fronte ao control do coronavirus.

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, anunciou que o Consello de Ministras do vindeiro 19 de abril aprobará a retirada da obrigatoriedade do uso de máscaras en interiores.

A medida entrará en vigor o día seguinte, 20 de abril, unha vez que Boletín Oficial do Estado (BOE) recolla a oficialidade desta medida.

Darias fixo este anuncio durante a celebración do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS) que está a ter lugar en Toledo e que se desenvolve en sesión de mañá e tarde.

Malia non figurar este punto na orde do día, trátase dunha petición que realizaron varios territorios, como Madrid, ao considerar que xa non é unha medida eficaz para controlar a transmisión do coronavirus.

Obrigatoria en certos espazos

A titular de Sanidade sinalou que as máscaras seguirán a ser obrigatorias en espazos interiores como o transporte público ou os centros sanitarios e sociosanitarios.

Ademais, os técnicos da Ponencia de Alertas, encargados de redactar o borrador do documento que aprobará o Consello de Ministras, propñen que nalgúns centros laborais. Algo que Darias afirmou que estudaría o Ministerio.

Coa nova norma, xa non será obrigatorio empregar a máscara cando entremos en comercios, locais de hostalaría e centros educativos