Galiza recibiu vacinas do lote de AstraZeneca investigado, mais seguirá vacinando menores de 55

Galiza iniciou a campaña de vacinación de 50 a 55. (Foto: Arxina).
Sanidade investiga se esas vacinas foron administradas e quen as recibiu mentres defende continuar co plan de inoculación previsto mentres a Axencia do Medicamanto non recomende o contrario.

Sanidade mantén cinco concellos no nivel máximo de restricións: A Mezquita, Boborás, Vilardevós, Pontevesures e Paradela. A decisión responde á proposta do Subcomité Clínico que esta sexta feira se reuniu na Coruña para analiazar os datos e a evolución de todos os concellos da Galiza.

Ademais, A proposta dos expertos leva a Administración a manter no nivel alto os municipios de Sobrado, Soutomaior, Arteixo e Chantada.

Os cambios afectan aos concellos da Pobra de brollón, Miño, Lourenzá, Cariño, Mugardos, Guitiriz, Ponte Caldelas e Vilanova de Arous, que pasan e nivel alto a medio.

A maiores, Sanidade comunicou que comeza unha vixilancia especial da situación qeu atravesan os municipios de Bóveda, Castroverde, Carballeda, maside, Leiro e Coles. 

Cribados voluntarios no aeroporto da Coruña

Polo que respecta á área sanitaria da Coruña e Cee, Sanidade manifestou a intención de incrementar a partir de hoxe a capacidade diagnóstica para detectar cantos máis casos mellor, co obxectivo de frear as cadeas de transmisión. A evolución epidemiolóxica nesa contorna non mellorar ao mesmo ritmo ca no resto da Galiza.

Neste sentido, Julio García Comesaña avanzou que nas próximas xornadas aumentarán os cribados e as localizacións físicas nas que se levarán a cabo. De entrada espera sumar as oficinas de farmacia da área sanitaria ao cribado por saliva cuxa experienica piloto se iniciou nas áreas de Pontevedra e Vigo.

Doutra banda avanzou a posta en marcha de puntos de cribado no Aeroporto da Coruña máis na estación de Renfe da cidade. A recollida de mostras será voluntaria mediante tests de antíxenos para as persoas viaxeiras que cheguen á cidade.

AstraZeneca

A preguntas dos xornalistas, tras a súa comparecencia, Julio García Comesaña recoñeceu que Galiza recibiu vacinas do lote de AstraZeneca investigado, que levou a outros países de Europa a suspender temporalmente a súa administración.

Segundo explicou, Sanidade ten constancia da súa recepeción. Agora investiga se as vacinas foron administradas e a quen, para ter conta da situación. Porén, Sanidade avoga por manter o plan de inoculación previsto mentres as autoridades sanitarias e do medicamento non indiquen a necesidade de proceder de forma diferente. E, de momento, a Axencia do Medicamento da UE avala a seguridade da vacina de AstraZeneca.

Semana Santa

Sobre a planificación da Semana Santa, Sanidade mantén que Galiza xa cumpre os aspectos obrigatorios que fixa o documento acordado no Consello Interterritorial: o feche perimetral do territorio, a limitación da mobilidade nocturna e as reunións de, máximo, catro persoas non coviventes.

Porén, avanzou o Conselleiro de Sanidade, a vindiera semana, no trascurso da reunión que manterá o Comité Clínico na terza feira, decidirán se atran unha hora, até as 23 horas, o toque de recoller, como permite o cordo. Ademias, sinalou, revisarán a oportunidade de variar outras restricións como as que afectan aos horarios da hostalaría.