Sanidade levanta as restricións de mobilidade en Burela

Burela, na Mariña, co porto en primeiro termo (Federación Confrarias)

A partir das 00:00 horas desta quinta feira

A Consellería de Sanidade decidiu levantar as restricións de mobilidade no concello de Burela --a partir das 00,00 horas desta quinta feira--, o único concello da Mariña no que aínda estaban vixentes debido ao brote de coronavirus.

Diso informou a Europa Press o alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, quen agradeceu a "toda" a veciñanza o seu "comportamento responsábel" que deu lugar a que se poidan quitar estas restricións que impedían entrar e saír do municipio.

Ademais, tómanse unhas medidas adicionais que pasan por ampliar o horario da hostalaría --aumenta do peche das 00,00 ás 1,00 horas--, aínda que se mantén vixente o aforamento do 50%.

Llano destaca a melloría da situación após se implementar estas medidas durante 12 días en Burela. Así, apunta que os casos activos baixan este mércores até 60 na Mariña, 41 deles no concello.

De tal forma, o rexedor móstrase "optimista", xa que se foron "facendo as cousas ben no seguimento", o que deixa a situación "controlada". Agora, espera que sirva para "dar confianza" de cara a que volvan os visitantes, á vez que chama a ter un coidado "suficiente" para continuar nesta boa evolución.