Un roteiro até “o banco máis triste do mundo”

O Comité en defensa do monte galego organiza unha serie de actividades en Cualedro, entre elas unha marcha até un banco desde onde se contempla parte das 3.500 hectáreas arrasadas no gran incendio deste verán.

A finais de agosto un incendio con orixe na parroquia de Lucenza (Cualedro) arrasou máis de 3.500 hectáreas en catro concellos ourensáns: Cualedro, Baltar, Xinzo e Trasmirás. Foi un dos lumes máis grandes dos últimos anos e orixinou un importante impacto económico e ambiental na comarca, o que levou aos gobernos locais dos catro municipios a pedir a declaración como zona catastrófica.

Este sábado día 10 o Comité en defensa do monte galego organiza unha serie de actividades en Lucenza para lembrar aquel suceso. Haberá xantar de confraternidade, mesa de debate sobre as causas, consecuencias e posíbeis solucións ao problema do lume no país.  E tamén haberá un roteiro até o que denominan 'o banco máis triste do mundo'. Un banco de pedra que está en lucenza e que sobreviviu ao lume e desde o que se divisa o estado da zona arrasada polo lume.