A finais de agosto un incendio con orixe na parroquia de Lucenza (Cualedro) arrasou máis de 3.500 hectáreas en catro concellos ourensáns: Cualedro, Baltar, Xinzo e Trasmirás. Foi un dos lumes máis grandes dos últimos anos e orixinou un importante impacto económico e ambiental na comarca, o que levou aos gobernos locais dos catro municipios a pedir a declaración como zona catastrófica.
Este sábado día 10 o Comité en defensa do monte galego organiza unha serie de actividades en Lucenza para lembrar aquel suceso. Haberá xantar de confraternidade, mesa de debate sobre as causas, consecuencias e posíbeis solucións ao problema do lume no país. E tamén haberá un roteiro até o que denominan 'o banco máis triste do mundo'. Un banco de pedra que está en lucenza e que sobreviviu ao lume e desde o que se divisa o estado da zona arrasada polo lume.