Xuízo do Alvia

Un alto cargo de Renfe recoñeceu que a curva de Angrois era "un punto crítico" mais que "se axustaba a norma"

O tren Alvia accidentado en Angrois en 2013. (Foto: Europa Press)
Está previsto que declare a continuación no xuízo o membro do equipo da xerencia de Seguridade na circulación de Renfe Viaxeiros, Ángel Lluch Perales.

O superior inmediato do xefe de maquinistas que avisou do risco de accidente ferroviario de Angrois, José Luís Rodríguez Vilariño, afirmou esta cuarta feira que considerou que ese era un "punto crítico" pero que "se axustaba a norma", en relación á curva da Grandeira, onde descarrilou o tren Alvia en xullo de 2013 deixando 80 mortos e 145 feridos.

Rodríguez Vilariño comparece en calidade de testemuña proposta polo letrado do maquinista que circulou até Ourense, Javier Illanes, na décimo primeira xornada do xuízo polo sinistro.

No banco dos acusados sentan o ex director de Seguridade na circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, pola análise de riscos da liña, e o maquinista Francisco Garzón, por frear tarde ao atender unha chamada do interventor e tomar a curva cun exceso de velocidade.

A continuación está previsto que declare o membro do equipo da xerencia de seguridade na circulación de Renfe Viaxeiros, Ángel Lluch Perales, co que José Ramón Iglesias Mazaira asegura que chegou a falar sobre a súa alerta de perigo en Angrois.

[En ampliación]