Diagnose da rede fluvial de Galiza

Ríos, un deterioro reversíbel?

[Imaxe: ADEGA] Xornada de limpeza das Fragas do Mandeo dentro do Proxecto Ríos.

Galiza xa non é ese país dos mil ríos que con tanta paixón describira Otero Pedrayo a mediados do século pasado. A progresiva humanización de amplas áreas do país e o descontrol sobre os vertidos domésticos e industriais que trouxo consigo transformaron ao longo dos últimos anos a imaxe idílica da paisaxe fluvial galega. Facemos unha diagnose dos ríos no Sermos Galiza 247. Eis un extracto

Quen está acotío en contacto cos ríos e ten unha certa idade sabe ben que, en liñas xerais, o estado da malla fluvial galega difire moito do que era hai non moito tempo. É certo que existe un plan de actuacións para a restauración de leitos fluviais –máis discutíbel sería se o importe que anualmente se lle destina é o necesario- e que hai iniciativas, públicas e tamén sociais –velaí o Proxecto Ríos de Adega, desde 2005-, que inciden na sensibilización, mais non o é menos que, lonxe de remitiren, os problemas que sofren son os mesmos que nos últimos anos.

Fernando Cobo, profesor na Facultade de Bioloxía da USC e director da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con, considera que “o estado dos ríos galegos, en xeral, afástase significativamente da condición que lle corresponde”, se para ese diagnóstico se considera o grao de desviación “observado nos nosos ríos a respeito das mellores condicións biolóxicas segundo o seu estado natural libre de presións ambientais”.

 

 

[Podes ler máis no Sermos Galiza 247, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]