Rexistrado un sismo de 3,1 graos en Vilariño de Conso

O epicentro tivo lugar no concello de Vilariño de Conso.
Novo sismo rexistrado na Galiza. Desta vez, en Vilariño de Conso (comarca de Viana), cunha intensidade de 3,1, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional.

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou na mañá desta sexta feira un movemento sísmico de magnitude 3,1 con epicentro no municipio de Vilariño de Conso, na comarca de Viana.

Segundo informou o 112 Galiza, no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias non se rexistraron chamadas que alertasen do terremoto nesta ocasión.

O 112 concretou que segundo os datos que facilitaron ao servizo de emerxencias este sismo tivo lugar poucos minutos despois das 9 horas desta sexta feira

En concreto, o Instituto Xeográfico Nacional nos seus datos difundidos detalla que este terremoto se rexistrou ás 9,07 horas da sexta cunha magnitude de 3,1.

Na xornada desta quinta feira, ademais, detectouse outro sismo, ás 15,21 horas, no municipio de Quiroga, de magnitude 2 e con epicentro a 17 quilómetros de profundidade.

No último mes producíronse ducias de movementos de terra na Galiza. O máis intenso, de 3,9 graos, tivo epicentro en Laza e notouse no resto do país.

O de Laza foi o maior sismo rexistrado na Galiza nos últimos 25 anos. O máis forte tivera epicentro en Triacastela cunha magnitude de 5,1 na escala Richter.