Unha residencia da área sanitaria máis afectada, punto de partida da vacinación da Covid na Galiza

O domingo, 27 de decembro, Galiza recibirá as primeiras 500 doses das vacinas da Covid-19. A Xunta destinaráas a un centro de maiores nun dos concellos coa máis alta incidencia da enfermidade. A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría aplaude a campaña mais sinala a súa premura. Coinciden con persoal dos centros en que a Administración galega debe achegar máis información sobre o fármaco para despexar as dúbidas de maiores e persoal traballador. 
Margaret Keenan vacina
photo_camera En Estados Unidos, Reino Unidou ou Rusia xa comezaron as campañas de inmunización. O 21 de decembro a Axencia Europea do Medicamento autorizou o uso da vacina na UE (Imaxe: Europa Press).
comentarios