Representantes do cadro de persoal denuncian o hospital da Coruña pola saturación

Imaxe do hospital da Coruña. Foto: cedida.

A comisión de centro do Complexo Hospitalario de A Coruña vén de denunciar a xerencia do hospital pola saturación dos servizos de urxencias. A demanda, presentada no Xulgado de Garda da cidade, sinala como unha morea de pacientes pasan até 48 horas en padiolas nos corredores a agardar por camas. Nas últimas semanas, até 30 persoas.
 

Os representantes das traballadoras e traballadores engaden que o cadro de persoal se atopa, adoito, ao límite da súa capacidade. E que se a xerencia e as autoridades competentes na materia non son quen de solucionar a situación, só lles queda a dimisión.

 

As retalladas sistemáticas, en marcha desde que en 2009 Alberto Núñez Feijóo asumiu a presidencia da Xunta, en medios e persoal, a non cobertura de baixas e vacacións, ou o progresivo desmantelamento da atención primeria atópanse entre as causas estruturais dunha situación agravada durante as datas de Nadal.

 

A xerencia do centro coruñés asegura que 100% das camas están abertas e que, antes das tres da tarde, alívianse as situacións graves e quedan poucas padiolas nos corredores.