Aumento de PCR e reponta de contaxios: 520

(Foto: Europa Press)
Aumento de PCR procesadas a respecto de inicios da semana.

Os contaxios de Covid-19 na Galiza volveron a repontar tras varios días en caída, até os 520, deles 515 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, mentres que os casos activos de coronavirus seguen en descenso até os 9.869, o que supón 83 menos que onte.

As PCR realizadas nesta últimas 24 horas foron 7.457, mentres que na xornada anterior foron 4.343 probas (350 contaxios).

Soben a 611 os pacientes con Covid , dos que 95 permanecen en UCI. Os datos actualizados na mañá de hoxe na páxina web da Consellería de Sanidade con cifras até as 18,00 horas de onte, recollidos por Europa Press, constatan que na área sanitaria de Vigo rexistráronse 150 casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas; 114 na da Coruña e Cee; 73 na de Santiago e Barbanza; 64 na de Pontevedra e O Salnés; 43 na de Ourense; 37 na de Ferrol e 34 na de Lugo.

En canto aos casos activos descenderon en tres do sete áreas sanitarias, en dúas das cales se sitúan por baixo do milleiro: en Ourense, con 929 -un total de 92 menos que este martes- e Ferrol, que ten 978 -35 menos-. Tamén caeron a 1.129 na de Lugo -19 menos-.

Por contra, soben os casos activos nas áreas sanitarias de Vigo, que rexistra 2.463 -oito máis-; na da Coruña e Cee até os 1.921 -23 máis-; a 1.263 na de Pontevedra e O Salnés -16 máis- e a 1.186 na de Santiago e Barbanza -16 máis-.

Até a data faleceron con Covid-19 na Galiza 1.024 persoas após notificar 15 novas vítimas mortais a Consellería de Sanidade na tarde desta terza feira.

Estas 15 mortes notificadas representan unha das maiores cifras rexistradas na segunda onda na Galiza. Esta segunda feira foron comunicadas 21 vítimas mortais.