Recoñecemento internacional para o movemento social galego contra a eucaliptización

Representantes das brigadas recibindo o premio.

As Brigadas deseucaliptizadoras reciben o premio Lush Spring na categoría de proxectos internacionais.

Os Lush Spring Prize naceron para apoiar, visibilizar e premiar aquelas iniciativas e proxectos que apostan na natureza e medio ambiente. Entre eles reparte 200.000 libras esterlinas: Neste 2019 o Lush Spring Prize premia 11 iniciativas de 9 países. Unha delas, da Galiza, as Brigadas deseucaliptizadoras que impulsou Verdegaia.

A organización, que fixo entrega dos premios en Londres, destaca que a través destas brigadas máis de 400 persoas participaron en 25 actuacións en diferentes partes da Galiza. “Traballando en conxunto podemos producir un impacto positivo na rexeneración dos hábitats naturais e como se pode transformar o pesimismo xeralizado en participación activa”.

Entre as iniciativas premiadas nesta edición está o proxecto de mellora das condicións de vida de pequenos agricultores a través dunha agricultura sustentábel e ecolóxica; ou a ‘Alianza Ceibo’, formada por membros de catro nación indíxenas do occidente da mazonia e que está implicado en acción de defensa da súa cultura e territorio.

O premio internacional chega ás portas da II Deseucaliptización simultánea polos montes galegos, que impulsa Couda de Raíces. Na primeira das edicións  elimináronse 205.000 exemplares de eucaliptos e acacias eliminados  nunha iniciativa que implicou máis de 360 persoas