Un raio alcanza un avión en plena aterraxe en Vigo

Controis de acceso de Air Europa en Peinador. (Foto: Vic - stock.adobe.com)
O incidente provocou que se atrasase sete horas a saída do seguinte voo.

Un raio alcanzou un avión en pleno proceso de aterraxe no aeroporto de Vigo esta segunda feira provocando, á súa vez, un atraso de máis de sete horas no voo seguinte debido a que a aeronave tivo que ser revisada.

Segundo fontes de Air Europa citadas pola axencia Europa Press, os feitos ocorreron sobre as 8 horas desta xornada, cando o avión, procedente de Madrid, trataba de aterrar en Vigo durante o transcurso da tormenta, sendo alcanzado por un raio.

A pesar de que isto non provocou ningún incidente, a aeronave tivo que ser revisada e, finalmente, levaronse a cabo algúns arranxos na mesma. Así, estes traballos duraron perto de sete horas.

Por iso, o voo seguinte —que usaba o mesmo avión— chegou a Madrid con sete horas e cuarto de atraso, segundo fontes da aerolínea. Esta situación obrigou a perto dun centenar de pasaxeiros a permaneceren en Peinador durante ese tempo, polo que as queixas dos mesmos puideron verse reflectidas en redes sociais.