A RAG incorpora a endometriose ao seu dicionario

A Academia respondeu á solicitude presentanda pola asociación querENDO recollendo entre o seu léxico o nome da doenza.

 

A RAG comunicou o 13 de marzo á asociación querENDO, que abrangue mulleres con endometriose, que acordou incorporar ao seu dicionario. A decisión, argüen na carta remitida, foi adoptada "logo de ser valorada e estudada polo Seminario de lexicografía da institución". 

Desde querENDO solicitaran este feito a comezos do mes de febreiro. No escrito achegado á Academia denunciaban a "invisibilidade" que atinxe ás doentes para alén do propio dicionario. "Somos invisibles para quen nos di durante anos que a dor que sentimos é psicolóxica e tamén o somos para os xestores da sanidade pública que ignoran as especificidades desta doenza e non atenden ás indicacións que fai a Guía de atención editada polo Ministerio de Sanidade". 

Desde querENDO agradeceron a decisión da RAG através da súa conta de Facebook e o seu blogue.