Quince denuncias ao día por violencia machista no primeiro trimestre de 2016

Presentáronse un total de 1.355, o 4,6% máis que no mesmo período de 2015.

O Consello Xeral do Poder Xudicial vén de facer públicas através do Obsevatorio de Violencia Doméstica e de Xénero as estatísticas relativas ao primeiro trimestre do ano. Segundo o órgao, no país presentáronse 1.355 denuncias o que representa un incremento do 4,6% a respeito do mesmo período no ano anterior. Isto é, unha media de 451 ao mes e 15 ao día. Aliás, entre xaneiro e marzo foron solicitadas 430 ordes de protección. 

O número de vítimas --de acordo cos dados do Observatorio-- reduciuse ao pasar de 1.156 nos tres primeiros meses de 2015 a 1.139 deste ano. Así as cousas, supoñen 379 mulleres ao mes e unha ratio de 8,09 vítimas por cada 10 mil mulleres, unha das máis baixas do Estado español

Cómpre lembrar que no que vai de ano foron asasinadas pola violencia machista dúas mulleres na Galiza, Ana Gómez en Becerreá e Tatiana Vázquez en Lugo. Aliás, o pasado ano 2015 Galiza rexistrou o maior número de feminicidio (8) desde 1999.