Queres saber onde presentaremos Sermos O Diario Galego no que queda de semana?

Na imaxe, acto nas Neves

Cambre, Ribeira, Ponteareas, na quinta feira; Mugardos, Vigo, Ribadeo e Betanzos, na sexta feira, e Outeiro de Rei o sábado acollerán os actos de presentación de Sermos O Diario Galego no que queda de semana.

Continuamos percorrendo Galiza para darmos a coñecer o proxecto de Sermos O Diario Galego co fin de lograr as 3.000 subscricións antes do 31 de xullo para facelo realizábel en 2019. Esta quinta feira, día 7, terán lugar as presentacións de Cambre -ás 19h, na Libraría A Libreira, co mago Martín Camiña e coa directora do semanario Sermos Galiza, María Obelleiro e convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística-, de Ribeira -ás 20.30h no Ateneo Valle-Inclán, co poeta Carlos Lixó e co membro do Consello de Administración de Sermos Galiza Roberto Vilameá Ponte, convocada pola A.C. Altofalante- e de Ponteareas -ás 20.30h, no JJ Copas, coa concelleira de Normalización Lingüística, Hortensia Bautista; o artista Tonhito de Poi e a membro do Consello de Administración de Sermos Galiza Marga Romero.

 

Na sexta feira, día 8, terá lugar a presentación en Mugardos ás 19h, convocada pola A.C. Apelón Educación, no Casino Mugardés, nun acto en que intervirán Gabriela Sánchez, membro da asociación; Antón Cortizas, escritor; Bernardo Máiz, historiador e Nicolasa Castro, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza. Ás 20h terá lugar o acto de Vigo, organizado pola A.C. O Castro na Libraría Andel, coa presenza de Alexandre Insua, membro da asociación; Ledicia Costas, escritora, e Xabier P. Igrexas, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza. Á mesma hora desenvolverase o acto de Betanzos, convocado pola A.C. Roxín Roxal, no salón azul do Liceo, onde tomarán a palabra o crego Rubén Aramburu; o profesor Alberto Barreiro "Warren" e a directora do semanario Sermos Galiza, María Obelleiro. Ás 20.30h comezará a presentación en Ribadeo, que decorrerá na Casa das Letras e que está organizada pola Asociación Cultural Francisco Lanza. Intervirán Dores Fernández Abel, presidenta da asociación; Farruco Graña, profesor e escritor, e Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza.

 

O sábado, día 9, presentarase Sermos O Diario Galego en Outeiro de Rei da man da Casa Museo Manuel María, que acollerá o acto ás 20.30h. Tomarán a palabra a presidenta da Fundación Manuel María,Saleta GoiOrlando Viveiro, estudoso do patrimonio da Terra Cha, e Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza.