Queres un nadal máis sostíbel? Eis as 10 recomendacións de Adega

Adega dá consellos para un nadal sostíbel (Foto: María José López / Europa Press).
 A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) presentou os seus consellos para un Nadal máis sostíbel e orixinal.

"Sabes que podes celebrar as Festas de Nadal dándolle as costas ao consumismo?", así presenta a Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) as súas recomendacións para a celebración dun nadal máis sostíbel e orixinal.

Adega indica que o obxectivo desta campaña é "que o noso comportamento nestas festas non contribúa a deteriorar o noso patrimonio natural nin a agravar o quecemento global".

Eis as propostas da asociación ambientalista para un Nadal Eco-Lóxico:

1- Faino ti mesma

2- Compra no comercio local

3- Fabrica unha árbore con material reciclado

4- Non uses musgo no teu belén

5- Non tires comida

6- Busca receitas orixinais

7- Usa transporte público

8- Se vas coller o coche, comparte

9- Fíxate na fabricación dos produtos

10- Lembra apagar as luces de nadal pola noite

Para máis consellos visita a web de Adega premendo nesta ligazón.