Mercedes Veites, deseñadora da marca de téxtil tradicional Lumecú

"Queremos dar un recoñecemento ás mulleres de hoxe en día na Galiza, exemplo a seguir"

Mulleres con ás é o nome dunha campaña solidaria de Nadal que lanza a marca de Artesanía da Galiza, Lumecú, coa idea de facer visíbel e referente diversas galegas destacadas na súa profesión e pola súa actitude vital. A iniciativa nace durante o confinamento da man de Mercedes Veites e inspirada por Luz Fandiño, que toma parte no proxecto e a quen se lle cede o privilexio de escoller a entidade beneficiaria da campaña, as escolas Semente de Compostela. Para colaborar, pódense mercar as camisolas e as bolsas, de algodón orgánico, a través da páxina web de Lumecú.
lucecus
photo_camera Lumecú é a marca de Artesanía da Galiza creada por Mercedes Veites. (Foto: Nós Diario)
Comentarios