Unha quenlla peregrina (Cetorhinus maximus) de seis metros de lonxitude apareceu esta cuarta feira varada na praia de Doniños, en Ferrol.
O achado provocou a sorpresa das e dos bañistas, que deron aviso aos servizos de emerxencias e mais a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma).
Desde esta última institución precisan que se trata dunha "quenlla filtradora inofensiva" que mide uns seis metros de lonxitude.
Retirada da quenlla
Así, efectivos de Protección Civil encargáronse de coordinar os traballos para retirar o animal.
A quenlla trasladouse cun tractor até preto dunha duna da praia, onde esta cuarta feira Protección Civil e efectivos do Cemma procederán ao seu despezamento. Os restos serán levados á Xestora de Subproductos da Galiza (Gesuga), en Cerceda, para a súa posterior incineración.