Por que hoxe non hai periódicos?

Exemplares de 'Nós Diario' nun quiosco de Compostela (Foto: Arxina).
Revisamos unha práctica que se remonta aos tempos da guerra civil española.

A prensa en papel volveu ser a gran ausente nos quioscos de todo o Estado este Sábado Santo, 16 de abril, xa que os xornais, incluído Nós Diario, non estarán á venda nestes estabelecementos, por segunda vez este ano.

O motivo é un descanso estabelecido pola Lei de Prensa do século pasado, promulgada en tempos da guerra civil española, o 22 de abril de 1938, e que supón a segunda ocasión no ano en que se dá esta situación, ademais do 1 de xaneiro (Aninovo) e o 25 de decembro (Nadal).

Ao ser o 15 de abril (Venres Santo) festa en case todo o territorio estatal, as distintas cabeceiras en papel non saen á rúa o día seguinte. As excepcións atópanse en Cataluña, Illas Baleares e a Comunidade Valenciana.

O día no que os cataláns e baleares non terán prensa impresa será o Venres Santo, mentres que, no caso da Comunidade Valenciana, a prensa do grupo  EPI, Levante- EMV (Valencia) e Mediterráneo (Castelló) non sairá aos quioscos o Venres Santo, e a diario Información (Alacante) o Sábado Santo.

Esta situación foi concibida para o descanso dos e das traballadores da información no marco dun Estado nacional-católico moi marcado tradicións relixiosas. A isto sumaríase o principal escollo ao que se enfrontan as publicacións en tempada vacacional: a apertura de quioscos neste período redúcese drasticamente, e o Sábado Santo a media de estabelecementos abertos é inferior ao habitual en días festivos.

Con todo, xa houbo ocasións en que os editores rompen coa tradición establecida e cambiar os costumes do sector da información. É o caso de Diario 16 (1976-2001), unha cabeceira entón vespertina -publicada pola tarde de luns a sábado-, que decidiu cambiar o seu formato e saír nos quioscos os luns pola mañá e todos os días.

Desta maneira desapareceron os diarios vespertinos (e os matutinos na súa edición de outrora, de martes a domingo), xa que a rendibilidade desa decisión levou ao resto de competidores a adoptar este modelo de publicación -é dicir, todos os días da semana, tal e como se fai agora-.

Os xornais en papel manteñen a día de hoxe a tradición de seguir sen saír á rúa en Sábado Santo. Con todo, o uso masivo da internet fixo que moitos deles, como é o caso de Nós Diario, ofrezan as súas edicións expresas para os medios dixitais 'en liña'.