Intelixencia artificial

Que é Q*, o misterioso proxecto de Open AI? Sería perigoso para a humanidade ese desenvolvemento da intelixencia artificial?

O 'Proxecto Q*' trata de crear a coñecida como intelixencia xeral artificial (AGI). (Foto: Nós Diario)

Sam Altman é readmitido como director executivo de Open AI tralo seu despido a semana pasada por "falta de confianza".

Sam Altman, director executivo da empresa Open AI, é readmitido na compañía experta en intelixencia artificial, apenas catro días despois do seu despido e a súa incorporación a Microsoft. Isto foi grazas ás peticións e a presión exercidas polos seus compañeiros e compañeiras nos últimos días.

O CEO foi despedido a pasada sexta feira por supostos problemas de confianza. Isto ocorreu pouco despois de que varios investigadores da tecnolóxica escribiran unha carta ao Consello de Administración advertindo dun descubrimento sobre a intelixencia artificial que, segundo dixeron, podería ameazar a supervivencia da humanidade.

Esta advertencia estaría relacionada co denominado ‘Proxecto Q’, un plan de empresa que trata de crear a coñecida como intelixencia xeral artificial (AXI). Baséase na creación de sistemas autónomos, neste caso o proxecto creou un novo modelo capaz de resolver operacións matemáticas, de momento ao nivel dun neno de Primaria, mais os investigadores son optimistas co éxito de Q*.

O problema está en que estes resultados indican que a AGI tería maior capacidade de razonamento, é dicir, que estes sistemas poden chegar a igualar e incluso superar aos humanos na maioría de traballos. Até o momento a intelixencia artificial só tiña a capacidade de escribir e traducir, polo que poden variar as repostas para a mesma pregunta. Con estes novos avances é capaz de resolver problemas matemáticos e devolver unha soa resposta

Investigadores de Open IA mostraron preocupación polo xeito no que se está levando a cabo o ‘Proxecto Q*’ e pola comercialización desta nova tecnoloxía antes de comprender as consecuencias que pode ter. Moitos tamén opinan que isto é unha grave ameaza para a nosa existencia.

Os conflitos internos nas corporativas non son nada novo, mais Open AI non se trata dunha empresa normal. É un dos maiores referentes no ámbito da tecnoloxía, creadora Chat GPT, e na súa ambición agora está inmersa na loita máis grande da economía global na actualidade: como controlar unha intelixencia artificial cada vez máis poderosa.