O profesorado volve á rúa pola recuperación do horario lectivo

Concentración do profesorado o pasado día 13 de novembro (@cigensino)

Concentracións ás 19:30 desta quinta feira, día 21, nas sete cidades galegas, convocadas por todos os sindicatos con representación no ensino galego.

Na vaga dos recortes no ensino coa desculpa da ‘crise’ unha das medidas adoptadas polas administracións foi mudar o horario lectivo, sobrecargando de traballo as e os profesionais e prexudicando a calidade docente. Unha demanda dos sindicatos do ensino é que se recupere o antigo horario lectivo: 18 períodos lectivos semanais en secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial e 21 en primaria, infantil e educación especial.

Porén, desde a Consellería a resposta é, critican as centrais, “unha negativa a negociar” este tema. Por iso o profesorado galego volve estar convocado a saír á rúa esta quinta feira, día 21, ás 19:30 horas nas sete principais cidades galegas.

“É o momento de facernos oír ante a intransixencia da Consellaría e súa negativa a devolvernos un dereito que permitiría recuperar os máis de 1.000 postos de traballo recortados por estas e outras medidas postas en marcha polos gobernos do PP na Xunta e en Madrid”, indican desde CIG, sindicato maioritario no ensino público galego.

Estas concentracións, ademais, son antesala da xornada de folga no ensino prevista para o día 12 de decembro. especial, só cómpre unha resposta contundente de todo o persoal docente.“

Lugares das concentracións ás 19:30 horas

A Coruña, IES Eusebio da Guarda

Ferrol, Edificio da Xunta

Compostela, Praza do Toural

Lugo, Subdelegación do Goberno

Ourense, Subdelegación do Goberno

Pontevedra, Praza da Ferrería

Vigo, Marco