Prodúcese un terremoto de magnitude 3,7 con epicentro en Sarria

Epicentro do terremoto en Sarria (Foto: IGN).
O sismo tivo lugar ás 16.40 horas.

Na tarde desta sexta feira, en concreto ás 16.40 horas, produciuse un terremoto de magnitude 3,7 na Galiza. O sismo, que tivo epicentro no municipio de Sarria (na comarca homónima), na parroquia de Betote, fíxose notar con claridade en moitas casas e edificios de diferentes comarcas do país, segundo afirmaron persoas usuarias nas distintas redes sociais. 

Segundo a primeira información do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), o sismo tivo unha profundidade de cero quilómetros, é dicir, foi en superficie. O tremor chegou con determinada forza á cidade de Lugo, e foi incluso perceptíbel na comarca da Mariña. Aínda que os servizos de Urxencias recibiron varias chamadas, o terremoto non provocou danos "nin materiais nin persoais".

[EN ACTUALIZACIÓN]