As probas piloto do ocio nocturno serán o 12 de xuño, con capacidade reducida

A reunión decorreu de maneira telemática (Imaxe: Xunta)
A Xunta da Galiza ultima a probo piloto para a reapertura dos locais de lecer nocturno. Xa ten data. Será o 12 de xuño.

Dentro de pouco menos dun mes, o 12 de xuño, Galiza testará o seu protocolo de reactivación do ocio nocturno con seis probas piloto noutros tantos estabelecementos que contarán con medidas como capacidade reducida, rexistro de clientes, medidores de CO2 e probas PCR para os locais máis grandes.

Así o acordaron a Xunta e o sector durante unha reunión mantida esta sexta feira por videoconferencia e na que se fechou tanto a data como os detalles desta proba piloto.

En total, estenderase a seis estabelecementos: dúas discotecas, cunha superficie maior de 1.500 metros cadrados, e catro locais de lecer nocturno de menor tamaño. Estarán situados en distintos puntos da Galiza con niveis de restrición medio-baixos -A Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense-.

Os locais deberán contar con medidores de CO2 e normas como o uso da máscara excepto para consumir, así como controis de acceso e rexistro de clientes, que se gardará tres meses.

A capacidade

Segundo explicou o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, a capacidade máxima será a do resto da hostalaría: 50% en interiores e 75% en terraza, se a teñen. Así mesmo, e dado que un dos locais conta cunha capacidade moi elevada, neste caso limitarase a asistencia a 1.000 persoas. Tamén coincidirán coa hostalaría en horarios: non se superará a 1 horas da madrugada.

Como requisito de seguridade adicional aos anteriores, o acceso ás dúas discotecas, que contan con capacidade máis elevado, será mediante invitación e cunha PCR negativa.

Rueda efendeu que a realización deste tipo de probas piloto son unha forma de "gañar tempo", para que "cando se permita a reactivación" empezar a funcionar "con todas as precaucións".